Lanzado Debian 11 Bullseye, nova versión estable desta distribución referente do mundo GNU/Linux.
Debian 11 Bullseye
Contornas de escritorio coas que conta: GNOME 3.38 (con Wayland por defecto), KDE Plasma 5.20, LXDE 11, LXQt 0.16, MATE 1.24 e Xfce 4.16.
No apartado para funcionar como servidor conta con: Apache 2.4.46, lighttpd 1.4.59, MariaDB 10.5, OpenSSH 8.4 p1, PHP 7.4, PostgreSQL 13 e Samba 4.13.
Debian 11 corre o kernel LTS Linux 5.10, incluíndo o soporte para o sistema de ficheiros exFAT de Microsoft. Incorpora soporte mellorado para imprimir con CUPS e para escanear con SANE, e incorpora melloras tamén na implementación de systemd nesta versión da distribución.
Desde a organización do evento, enviaron toda a súa gratitude e amor aos moitos colaboradores, desenvolvedores e usuarios que axudaron a esta visión e proxecto.
A celebración continúa coa #DebConf21 que se celebrará en liña durante o 24 de agosto ata o 28 de agosto de 2021.
O repositorio de AUR conta cunha gran cantidade de paquetes, permitindo aos usuarios poder acceder a moitos paquetes e sobre todo poder contar con actualizacións en menor tempo.
Para poder contar en Debian con algo similar, lanzouse o repositorio DUR (Debian User Repository), como un análogo do repositorio AUR (Arch User Repository). Permite aos desenvolvedores distribuír os seus paquetes sen ter que incluílos nos principais repositorios da distribución Debian.
Os metadatos e as instrucións de construción do paquete DUR defínense utilizando o formato PKGBUILD. DUR foi deseñado para axudar aos usuarios que usan makedeb en sistemas Debian a atopar e construír máis facilmente os seus paquetes favoritos.
Project Debian informou da dispoñibilidade dunha nova versión do seu sistema operativo, Debian 10.9, nova versión que recolle todas as novidades que foron lanzando nos últimos meses.
Debian
Debian ou Proxecto Debian, é unha comunidade conformada por desenvolvedores e usuarios, que mantén un sistema operativo GNU baseado en software libre. O sistema atópase precompilado, empaquetado e en formato deb para múltiples arquitecturas de computador e para varios núcleos.
Naceu como unha aposta por separar nas súas versións o software libre do software non libre. O modelo de desenvolvemento do proxecto é alleo a motivos empresariais ou comerciais, sendo levado adiante polos propios usuarios, aínda que conta co apoio de varias empresas en forma de infraestruturas.
Debian non vende directamente o seu software, pono ao dispor de calquera na internet, aínda que si permite a persoas ou empresas distribuílo comercialmente mentres se respecte a súa licenza.
Debian 10.9
Entre as súas novidades destacan: – Soporte SBAT para os paquetes FWUPD. – Correccións de erros e parches de seguridade, (recoméndase usar esta nova ISO para novas instalacións). – O kernel segue sendo 4.19, pero unha versión mantida polo proxecto que inclúe os últimos parches. – Parche de seguridade para cloud-init. – Actualizacións para Intel CPU microcode.
Debian 10 lanzouse en xullo de 2019 e estará soportada durante 5 anos.
Debian é unha das distribucións máis veteranas de GNU/Linux, con máis de 25 anos detrás dela. É a nai de moitas outras como poden ser Ubuntu, Linux Mint. Trátase dunha distribución comunitaria, sen ningunha empresa detrás dela, deixando á marxe patrocinios e doazóns.
Vamos aprender máis sobre esta distribución e descubrir as novidades que trae, grazas ao noso compañeiro Brais de Mancomún.
00:16 – Presentación 01:15 – Coñecendo a Brais 02:46 – Novidades de Debian 10 05:15 – Ramas de desenvolvemento 07:13 – Diferentes núcleos de Debian 08:40 – Que motiva á xente a colaborar no proxecto? 11:05 – Despedida
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher). En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0. A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.
Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración de cookies.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!