Mancomún
Domingo, 14 Outubro 2018

Mahara

Enlace externo

Mahara é unha plataforma software de xestión de carteiras, tamén coñecido como “e-portfolio” do inglés electronic portfolio. O proxecto naceu especificamente para satisfacer necesidades do sector educativo e este segue a ser o enfoque principal, aínda que tamén se pode empregar en outros sectores. As principais aplicacións no sector educativo son a posibilidade de centrar a ensinanza no estudante, onde este pode ir expoñendo os seus traballos e as súas competencias, podendo estas ser avaliadas ou asesoradas por os seus titores ou profesores así como tamén ferramentas como foros e grupos para a comunicación entre os usuarios.

As principais características de Mahara son:

  • Creación e compartillamento de carteira multimedia de forma personalizada e coa posibilidade de ser colaborativa.
  • Organización de carteira tendo en conta competencias, tendo así unha visión de cales foron completadas.
  • Escalabilidade, podendo ten múltiplas institucións e con miles de usuarios nun mesmo sitio.
  • Integración con outras plataformas como pode ser Moodle ou servizos de autenticación.
  • Extensión mediante plugins e paquetes de idiomas, entre os que se atopan o de galego e o de castelán.

Ligazóns

Venres, 5 Outubro 2018

Chamilo

Enlace externo

Chamilo é unha plataforma web de tele-ensino, é dicir, un xestor de contidos web deseñado especialmente para crear plataformas de formación a distancia. Ademais da solución software tamén existe a asociación Chamilo mediante a cal se coordina o desenvolvemento da solución, esta asociación tamén se encarga de xestionar a certificación dos fornecedores da solución.

Chamilo está implementado fundamentalmente en PHP e JavaScript e está liberado baixo GPL e destaca pola sinxeleza de uso. As funcionalidades máis destacadas son:

  • Catalogo de cursos
  • Exames con control de tempo
  • Xestión de competencias e seguimento do progreso de estudantes
  • Xeración de certificados automáticos
  • Soporte de SCORM e LTI
  • Soporte de múltiplas institucións

Provedores

Ligazóns a casos de éxito

Martes, 18 Setembro 2018

Moodle

Enlace externo

Moodle é unha ferramenta que permite crear plataformas virtuais de formación de sofware libre baixo licenza GPLv3, que permite a xestión de cursos en liña tanto para aprendizaxe virtual como para complementar cursos presenciais.

Está pensado de xeito social, creando un ambiente de colaboración, actividades, reflexión e crítica, con ferramentas deseñadas para o aprendizaxe virtual e tendo en conta principios pedagóxicos. O proxecto é liderado pola comunidade e conta con máis de 100.000 sitios rexistrador por todo o mundo, dos que máis de 8.000 son de España, conta en maior ou menor medida con traducións en máis de 80 idiomas, ao 87% en español internacional e ao 81% en galego.

As principais funcionalidades da lista completa son:

  • Ferramentas colaborativas como wiki, foro, glosarios…
  • Calendario integrado
  • Xestión de ficheiros
  • Editor de textos intuitivo
  • Notificacións e alertas
  • Informes de seguimento e progreso do alumnado
  • Interface con soporte multilingüe e personalización
  • Soporte de estándares abertos como IMS-LTI ou SCORM
  • Extensión mediante plugins
  • Xestión de competencias, cualificacións e rúbricas
Xoves, 1 Decembro 2016

CS Abalar

Enlace externo

O Centro Software Abalar é unha ferramenta que permite aos profesores xestionar facilmente a visibilidade das iconas das aplicacións nos equipos do proxecto Abalar para adaptalos ao uso dos alumnos de primaria ou secundaria. Os usuarios que descarguen eta ferramenta poderán configurar a visibilidade das iconas das aplicacións no escritorio do seu equipo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal