Mancomún

The Purple Plugin Pack, complementos para Pidgin

http://www.mancomun.org/images/stories/pidgin-plugins-logo.pngThe Purple Plugin Pack é un paquete de módulos adicionais para Pidgin creado orixinalmente por Gary Kramlich e Stu Tomlinson, que se distribuíu como unha lista de complementos para o programa de mensaxería Pidgin. Estes complementos extenden as funcionalidades do cliente de mensaxería incluíndo novas características como autorespondedores, xestión da lista de contactos, integración con programas externos, …

Para que The Purple Plugin Pack traballe correctamente precisa ter instalado Pidgin e requiere GTK máis Glib.

Son máis de 50 os complementos dispoñibles neste paquete, algúns exemplos son:

  • AutoReply, un complemento que permite personalizar as mensaxes de resposta automática para calquera protocolo. Ademais permite programar as diferentes mensaxes de resposta en función do contacto.

  • List Handler, é unha solución para importar a lista de contactos e podela exportar a outras contas. Garda os ficheiros en formato XML podendo importar os contactos dunha conta para outra.
  • Ignore, permite ignorar selectivamente aos contactos seleccionados.
  • Last Seen, visualiza o tempo que leva o contacto sen conectarse e cal fora a última mensaxe recibida.
  • Highlight, este complemento engade soporte para resaltar as palabras especificadas polo usuario.
  • Nick Said, fornece a posibilidade de saltar a unha conversa onde o teu nome sexa mencionado. Tamén se pode personalizar para alertar cando determinadas palabras estean nunha conversa.

O paquete con todos os complementos está dispoñible nos repositorios de Ubuntu, basta con executar o seguinte comando:

sudo apt-get install pidgin-plugin-pack

 

Para máis información do complemento consultar o wiki do proxecto:

http://plugins.guifications.org/trac/wiki/PluginPack

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal