Mancomún

Thunderbird 2.0 nos repositorios oficiais

Thunderbird 2.0 nos repositorios oficiais
ThunderbirdO xestor de correo Thunderbird desenvolvido pola Fundación Mozilla xa ten a súa versión 2.0 dispoñible nos repositorios oficiais. A versión 1.5 conta cunha tradución coordinada por Mancomun.org e na páxina Galician Mozdev xa comezaron os traballos para acometer a localización ao galego. Todo aquel que queira participar pode apuntarse á lista de correo desta web.

Thunderbird 2.0 conserva as súas características habituais coma o seu lector de RSS ou filtros para correo lixo e fará máis doado buscar as nosas mensaxes xa que poderemos engadir etiquetas (“tags”). Deste xeito poderase traballar de forma similar a como xa é habitual noutros programas coma Flickr.

O xestor de correo da Fundación Mozilla facilita a migración de sistemas de correo coma Gmail ou .Mac. Ademais incorpora melloras nas alertas de mensaxes e na detección do phising e parches para Windows Vista. Thunderbird está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal