Todas as institucións do goberno central holandés terán a obriga de empregar estándares abertos a partir de abril do 2008 a menos que haxa razóns de peso que impidan o uso dos citados estándares. É a conclusión a un proceso de varios anos que recibiu grandes presións por parte das compañías de software propietario.
Ademais farase un amplo estudo do mercado do Software Libre en Holanda e os departamentos de economía e educación deste país traballarán para levar a cabo unha implementación masiva do Software Libre no eido da educación.
Fonte: Opensourcelearning
