Mancomún

Tradución ao galego do Zine 1 de BrOffice

Tradución ao galego do Zine 1 de BrOffice

http://www.mancomun.org/images/stories/brofficezinegal01.jpgVemos en Agnix que acaban de presentar a tradución ao galego do primeiro número do Zine, a revista electrónica que publica mensualmente a comunidade brasileira do BrOffice.org. Esta revista, a través das súas seccións tenta achegar o OpenOffice.org (BrOffice.org no Brasil) a usuarios particulares e ao mundo empresarial.

Esta tradución xurde da canle de colaboración permanente que, dende hai tempo, estableceu AGNIX coa comunidade brasileira do BrOffice.org. Froito desta colaboración é tamén a participación de Roberto Brenlla escribindo un artigo para a edición do número 6 do ZIne , que tamén viu a luz onte.
 
O obxectivo final é acadar unha edición galega do Zine na que colaboren as xentes do BrOffice ao tempo que se manteña esta colaboración coa súa edición. Dende AGNIX animan a todas as persoas a colaborar con esta ambiciosa iniciativa. 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal