Mancomún

TransProCalc, ferramenta de xestión de proxectos de tradución

http://www.mancomun.org/images/stories/tpc-logo.jpgTransProCalc (TPC) é un software, distribuído baixo licenza GNU/GPL, para a xestión de documentos, asignacións de traballos e datos financeiros en proxectos de tradución. Permite o control das unidades de tradución (cadeas, palabras, …) para obter informes que sirvan para ter estimacións do traballo, custes, …

TransProCalc ten catro compoñentes na súa interface:

  • Estimación do proxecto (ProjectEstimate): para cálculo de custes e proxección de ingresos

  • Documentos do proxecto (ProjectDocs): para organización de todos os documentos do proxecto (polo de agora, TPC só permite xestionar oito documentos por proxecto), incluíndo as unidades que se contabilizan (cadeas, palabras, …), número de traducións obxectivo, …
  • Asignación do proxecto (ProjectAssign): seguimento de cales documentos e traducións foron asignadas a provedores , canto son os custes por unidade e provedor e calcula os gastos do proxecto (TPC actualmente soamente 5 provedores por proxecto).
  • Peche do proxecto (ProjectOut): Unha vez feito o traballo, e entregado do proxecto, recupéranse os datos financeiros e faise un informe para facturación e libros de contabilidade.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/tpc-screenshot.png 

Pantallazo de TransProCalc en funcionamento 

TransProCalc está desenvolvido en ActiveTcl8.5/Tcl.Tk, polo tanto é multiplataforma e pódese executar en GNU/Linux, Mac e MS Windows.

Páxina do proxecto:

http://www.transprocalc.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal