Trolltech vén de anunciar que a biblioteca Qt liberarase con licenza GPL v3. A licenza GPL v3 fará que sexa máis sinxelo e seguro, para os desenvolvedores de Software Libre, que empreguen Trolltech Qt nos seus proxectos baixo a licenza marco da Free Software Foundation. Trolltech espera que o seu movemento anime aos proxectos de Software Libre a empregar Qt e eliminar as antigas reticencias dos desenvolvedores que non vían con bos ollos a licenza de Trolltech.
O anuncio fíxose durante o evento do lanzamento do KDE 4.0, en Mountain View. Estas novas fan que a comunidade KDE se atope nun bo momento para a aparición de novas aplicacións para o contorno de escritorio grazas ás bibliotecas de Qt.
Fonte: Trolltech
