Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
O Tux Typing é un xogo para ensinar aos nenos o uso do teclado. Entre as súas principais características atópanse diferentes modos de xogo e varios niveis de dificultade. Tux Typing foi traducido pola coordinadora do departamento de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, María José Rodríguez Malmierca. Podes atopalo no Wiki de mancomun.org así como moitas outras aplicacións libres en galego. Este wiki está aberto á túa colaboración e por tanto podes amplialo incluíndo novos programas en galego e documentación ou ampliando o existente.
Ademais de programas tamén encontraras no Wiki ferramentas de axuda a tradutores como a Guía de estilo para as traducións de Mancomun.org, o Glosario de termos tecnolóxicos inglés-galego ou unha recompliación de ferramentas lingüísticas . Ademais podes consultar tamén o Corpus lingüístico dos diferentes proxectos de tradución coordinados por Mancomun.org.
