Algúns datos interesantes que arroxou o estudo levado a cabo por diferentes universidades: os costos en Investigación e Desenvolvemento poden reducirse ata nun 26%, isto é debido sobre todo a que, polas súas licenzas, o Software Libre outorga liberdades que permiten a súa reutilización, sen ter que “reinventar a roda” en cada nova iniciativa.
Para o ano 2010 o estudo estima que este tipo de software alcanzará o 1.4% do PIB europeo e o 2.3% do PIB norteamericano, sendo que hoxe representa un 1% no primeiro caso e un 1.7% no segundo. O mercado informático en xeral supón un 10% do PIB nos países desenvolvidos da Unión Europea, sendo partícipe de máis do 50% do crecemento.
O mesmo informe vaticina que para 2010 o 32% dos servizos de Tecnoloxías da Información europeos estarán baseados en Software Libre, duplicándose a súa utilización cada 18 ou 24 meses durante os últimos anos.
Fonte: Territorio Libre e Noticas.com
