Mancomún

Un tradutor en código aberto recibe o Premio á Mellor Aplicación TIC do ano en Galicia

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia decidiu outorgar a imaxin|software o galardón á Mellor Aplicación TIC realizada este ano polo tradutor automático de código aberto Opentrad . Esta aplicación foi desenvolvida por varias empresas e universidades de toda España entre elas a Universidade de  VIgo.
O Opentrad permite a tradución bidireccional do castelán ao resto das linguas do estado. O galardón entregarase mañá durante a XI Noite Galega das Telecomunicacións.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal