Despois de sete anos de desenvolvemento dende a sua creación, o proxecto LinuxBIOS (apoiado pola Free Software Foundation, FSF) anunciou que dispón por fin dun firmware utilizable por parte dos fabricantes de placas base e ensambladores de PC’s, listo para entrar en producción.O anuncio é importante na medida cos fabricantes de BIOS son escasos, e non existe unha alternativa funcional á segunda xeración de firmware no cal o único expoñente é por o momento a EFI de Intel.
LinuxBIOS consiste nun software mínimo para arrancar a computadora e facer que esta recoñeza e poida utilizar os distintos periféricos conectados para despois pasar ao control do sistema operativo. É o mesmo que fan as BIOS actuais, pero seguindo a ideoloxía do software libre e mellorando os puntos febles do único elemento que queda case sen cambios da arquitectura do PC orixinal.
Ao estar baixo unha licenza libre, LinuxBIOS pode ser empregada por calquera fabricante de placas base ou chipsets, con independencia da sua medida e importancia no mercado, e adaptada ás funcionalidades e peculiaridades dun hardware en concreto.
Un punto a favor para LinuxBIOS pode ser o anuncio da iniciativa OLPC (One Laptop Per Child) que utilizará para equipar os seus equipos dirixidos aos nenos con menos poder adquisitivo dos países máis desfavorecidos.
Entre os diferentes apoios recibidos a o largo da historia do proxecto destácase o de Intel que ao principio mostrábase moi entusiasta proporcionando información sobre os seus produtos coma procesadores ou chipsets, pero na medida co seu propio proxecto de BIOS de próxima xeración (EFI) ía evolucionando, mostrábase menos disposto a proporcionar información ao proxecto LinuxBIOS ata abandonar o proxecto. AMD en cambio seguiu o camiño contrario, ao principio confiando pouco no proxecto pero entusiasmándose ata converterse actualmente nun dos seus apoios máis importantes.
Entre o resto das compañías que apoiaron a LinuxBIOS atópanse Acer ou SIS, un dos integradores de PC’s máis importantes do mundo, e un dos fabricantes de chipsets tamén máis importantes do mundo, ademais dalgunhas compañías máis pequenas e menos coñecidas.
O proxecto chegou a un resultado definitivo e xa pode entregarse a calquer fabricante para o seu uso. LinuxBIOS xa estaba sendo empregado para equipar a máis dun millón de computadoras en todo o mundo, especialmente en países menos desenvolvidos como a India, en máquinas proporcionadas por fabricantes locais.
LinuxBIOS está preparada para arrancar de forma mínima a máquina e pasar posteriormente o control desta a un sistema operativo. Esto faise mediante o que se chama payload, unha peza de software intermedia que contén as instrucións para cargar un sistema operativo concreto.
