Mancomún

Varias empresas traballan nunha nova plataforma Linux UMPC

Un grupo de sete empresas esperan entrar no mercado móbil cunha nova categoría de dispositivo dacabalo entre o teléfono intelixente e o portátil. Unha especie de tablet N800 de Nokia, pero completamente aberto.

Mozilla, Arm, MontaVista, Texas Instruments, Samsung, Movial e Marvall Technologies son as empresas implicadas neste novo proxecto de plataforma GNU/Linux no que se inclúe deseño de chip, sistema operativo e algunhas aplicacións.

Xuntas esperan que a plataforma facilite aos desenvolvedores de hardware a creación de dispositivos parecidos ao susodito N800. Este dispositivo baseado en GNU/Linux é maior que un teléfono intelixente e menor que un portátil, e inclúe ademais opcións de conexión Wifi. Prevese o seu desembarco comercial a principios de 2009.

A plataforma comprenderá a distribución GNU/Linux baseada en Debian de Arm, o sistema operativo de MontaVista, unha contorna de escritorio e aplicacións de Gnome Mobile, o navegador de Mozilla, un reproductor multimedia e outros compoñentes como xestión de hardware integrado para aforro de batería e enerxía, interface de usuario adaptable e varias opcións para conexión sen fíos.

Fonte: http://www.infoworld.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal