SocNetV (Social Network Visualiser) é un programa para GNU/Linux que che permite crear ou representar unha rede social (previamente creada con Pajek ou Sociomatrix, por exemplo) ademais de calcular propiedades tales como distancias, diámetros, puntos máis céntricos e outras características da mesma; pero sempre mantendo a premisa K.I.S.S..
O programa só necesita as bibliotecas Qt para funcionar e o seu manexo é moi intuitivo xa que poderemos modificar as redes simplemente usando o rato…
Máis información na páxina do proxecto ou en kde-apps.org.

