No diario “A nosa Terra” vemos publicada a seguinte nova sobre a colaboración do GRUVI, GALPON, GULO e a Universidade de Vigo para a recuperación de computadores vellos empregando Software Libre:
“Hai unha alternativa galega para que os computadores obsoletos non acaben no vertedoiro. Funciona na Universidade de Vigo grazas ao altruísmo de dous grupos a prol do software libre de Pontevedra e Ourense.
Montar computadores con pezas de aparatos vellos condenados ao lixo. Isto é o que fan no Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo (GRUVI), unha iniciativa única no país para regalar ordenadores a organizacións sen ánimo de lucro.
No GRUVI colabora a Universidade co Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON) e de Ourense (GULO). E é que o Software Libre, os programas que calquera pode copiar e mellorar, xogan un rol clave neste pioneiro proxecto…
Carlos Rodríguez, presidente de GALPON, explica que “neste dous anos recollemos uns 200 equipos obsoletos e coas pezas conseguirmos montar uns 50 computadores plenamente funcionais”. Unha vez montados, os activistas instálanlle programas libres “moi lixeiros”, que permiten realizar as tarefas básicas -como escribir textos ou navegar pola rede.
O destino das máquinas son organizacións sen ánimo de lucro -asociacións culturais, por exemplo- que se poden apuntar a unha convocatoria pública anual da Universidade.
Podes ver a nova completa na súa fonte orixinal:
http://encomprobacion.com
