Mancomún

WebLOAD Open Source, unha ferramenta para facer tests de diagnóstico a aplicacións de Internet

WebLOAD Open Source é unha aplicación para probar o rendemento e a carga de calquera tipo de aplicación de internet, incluíndo aplicacións [[Web 2.0]] e [[AJAX]].

WebLOAD Open Source está baseado no traballo de máis de 12 anos de desenvolvemento investido na aplicación WebLOAD, anteriormente propietaria e unha alternativa a JMeter e OpenSTA.

Algunhas das novas características na versión 8.1 de WebLOAD son:

  1. Actualización da maior parte da interface gráfica de WebLOAD con novos elementos, incluíndo iconas.
  2. Novo control de edición con unha mellor interface e máis características:
    1. Numeración de liñas.
    2. Resaltado de liñas, permitindo expandir e contraer bloques de código para facilitar a lectura.
    3. Inclúe soporte para autocompletado de código (premendo CTRL+Espazo) e atributos/métodos (automaticamente premendo ‘.’).
  3. Gravación e opcións de gravación melloradas:
    1. Soporte para manexo de datos binarios: os datos binarios poden ser codificados durante a gravación.
    2. Control adicional sobre o contido programable que é creado polo gravador.
    3. A vista de cabeceiras HTTP mostra os datos pedidos para o método POST incluso durante a gravación.
  4. Mellora na xestión dos rexistros de incidencias (log).
  5. Engadido o soporte para codificación de caracteres dos navegadores.
  6. Mellorado o soporte para MySQL Database building blocks.
  7. Novas características complementarias que aínda non están documentadas ademais doutras moitas características.

Captura de pantalla de WebLOAD Open Source (podes ver máis capturas premendo na imaxe):
http://www.mancomun.org/images/stories/webload.jpg

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal