Nunha entrevista publicada na páxina web de Nintendo, Satoru Iwata (presidente da compañía nipona) confirmou que por primeira vez nunha das súas consolas, [[Nintendo]] poderá seguir realizando melloras no sistema operativo a través de distintas actualizacións, ofrecendo novas características aos consumidores unha vez que xa mercaran unha Wii …
Segundo informacións anteriores, tamén se sabe que Wii terá unha variante propietaria do Kernel de Linux, aínda que como é costume de Nintendo, pouca máis información se coñece ao respecto.
Fonte: Slashdot.
