Mancomún

Wiki do Traducíndote

Wiki do Traducíndote
TraducíndoteRecentemente informamos sobre Traducíndote un proxecto que permite a tradución de documentos aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na tecnoloxía Apertium. Óscar Hermida, autor do proxecto, vén de crear un Wiki para mellorar os dicionarios do tradutor aberto á vosa colaboración.

Na súa primeira versión funcionaba baixo o formato aberto .odt aínda que, mediante unha conversión a través de OpenOffice.org, tamén podía ser empregado co formato .doc. Agora ademais é compatible tamén con documentos de LaTex, MySql, Abiword e novos formatos de OpenOffice.org. 

A aplicación pode modificar o idioma do documento mantendo o seu formato (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal