O pasado venres, 13 de Abril, Ousli , grupo ourensán de usuarios de GNU/Linux, levou a cabo unha xornada sobre Software Libre no centro de FP Caixanova que tivo lugar na capital ourensá. Mancomun.org tamén participou neste evento cun relatorio sobre As posibilidades do Software Libre. O material empregado está dispoñible na web da asociación:
- Achegando o mundo de GNU/Linux (OUSLI)
- As posibilidades do Software Libre (Mancomun.org)
- Instalación e configuración de servidores LAMP (OUSLI)
