Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Mañá ás 9:35 da mañá dentro do programa Bos Días da TVG emitirase en directo unha entrevista con Roberto Brenlla, membro de AGNIX e xerente de Tegnix, sobre o Software Libre. Segundo informa Brenlla no seu blog, en principio o espazo ía ser un debate centrado no lanzamento de Windows Vista pero, finalmente centrarase no Software Libre. Para velo co VLC podedes ir a Ficheiro => Abrir Fluxo de Rede. No casilleiro HTTP/HTTPS/FTP/MMS poñede o enderezo mms://85.91.64.23/Television.
Actualizado (01-02-07):
Podes descargar o vídeo da entrevista na seguinte ligazón:
Vídeo Bos Días TVG (33MB)
Recentemente outro programa da canle autonómica, A Revista, fixo unha reportaxe sobre a migración a Software Libre que fixo o IES Chan do Monte a cargo de Manuel Morán . Podedes velo aquí se o axustas a 56 minutos e 40 segundos adiante.
