Referencer é unha aplicación para o escritorio Gnome que axuda a organizar os documentos e referencias. Ademais, permite xerar facilmente un ficheiro de bibliografía de tipo BibTeX a partir deles. Algunhas funcionalidades de Referencer son:
- Permite importar desde as bibliografías que teñas xa creadas en BibTeX ou desde EndNote.
- Soporta etiquetas (tags), para facilitar a procura rápida e organización de documentos.
- Xestión de enlaces usando os metadatos do documento.
- Procura automática de metadatos en arquivos PDF con arXiv, PubMed e CrossRef.
