Mancomún

Xestión de proxectos Open Source

Unha das fases críticas e indispensables en calquera proxecto é a da xestión no tempo do mesmo.  O proceso consiste en elaborar un cronograma coas diferentes tarefas a realizar e cos axentes implicados nas mesmas.

Deste xeito podemos resolver riscos críticos como o de evitar que unha persoa se atope facendo simultaneamente dúas tarefas ou que unha tarefa comece antes de que unha tarefa previa e indispensable para esta segunda, se remate.

A continuación temos unha listaxe con programas de xestión de proxectos feitos con  Software Libre:

  • 1. Openproj. Entre as características principais de OpenProj destaca que soporta os ficheiros en formato MS Project. Permite deseñar diagramas de Gantt, PERT, WBS, RBS entre outros. Ademais estase á espera dunha posible integración con OpenOffice.org. Con licenza CPAL.

  • 2. TaskJuggler. Potente programa deseñado para o sistema operativo GNU/Linux que permite control de tarefas, recursos e custos. Xera diagramas de Gantt esteticamente moi bos. Ten unha interface sinxela e intuitiva. Incorpora alarmas de riscos en tempo. Con licenza GPL
  • 3. DotProject. aplicación web baseada en PHP que inclúe módulos para empresas, proxectos, tarefas (con diagramas de Gantt), foros, ficheiros, calendario, contactos, axuda de escritorio, soporte multilinguaxe, módulos con permiso e temas. Funciona tanto en Windos como en GNU/Linux. Con licenza GPL.
  • 4. Phprojekt. é unha aplicación modular para a coordinación de grupos de traballo e o uso común de información e documentos vía internet ou intranet. Está baseada nun sistema de arquivos que se executa en Windows e GNU/Linux. Soporta varios de tipos de base de datos (Oracle, MySQL, Informix, etc). Ten estrutura modular, diferentes niveis de privilexios, 25 linguaxes soportadas, carátulas e API para a inclusión doutros servizos. Con licenza GPL.
  • 5. Gantt Project. é unha aplicación fácil de usar para contornas windows e MacOsx. Podemos definir xerarquía de tarefas e dependencias, diagramas de Gantt, informes en PDF e HTML, importación e exportación de ou desde MS Project e gráfico de carga de recursos.
  • 6. GanttPV. é unha aplicación fácil e sinxela de instalar que corre sobre windows, MacOSx e GNU/Linux. Permite definición de tarefas, dependencia das mesmas, diagramas de Gantt, identificación e asignación de recursos para as tarefas, priorización de tarefas, monitorización total do proxecto e ademais scripting con Python. Con licenza GPL.
  • 7. NetOffice. é un aplicación web de control do tempo. Permite compartimento de información sobre equipos, proxectos e tarefas. Permite un control desde calquera punto con conexión a internet. Permite obter un gama ampla de gráficos de diferentes tipos.
  • 8. Trac . é unha aplicación minimalista web de control de proxectos. Está baseado en tecnoloxía wiki. Quizá sexa o máis intuitivo aínda que é menos potente que o resto. Sempre teremos dispoñible unha liña de tempos onde se representen cada un dos proxectos incluídos. Permite creación de ligazóns, tarefas, ficheiros e páxinas wiki.
  • 9. Open Workbench. é unha aplicación que se executa sobre windows e permite unha robusta estruturación do calendario de xestión de proxectos. Permite definir proxectos, dependencias, tarefas, crear, editar e borrar calendarios, gráficos de Gantt nun contorno moi amigable.
  • 10. KPlato. Aplicación que funciona sobre GNU/Linux. Está incluído dentro do KOffice Project. Permite diagramas de Gantt, vista de recursos, xestión de tarefas, resumo das mesmas, calendarios, dependencias, contas asociadas a custos, etc. Non inclúe visión da rede.

Fonte: iberzal.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal