Mancomún

Xestores financeiros persoais en Software Libre

Xestores financeiros persoais en Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/xestores_persoais.png Mancomun.org vén de publicar un documento cunha recompilación de ferramentas para a xestión financeira persoal acompañado dun CD que contén todo o software e documentación precisos para a súa posta en funcionamento. Este é un primeiro documento dunha serie adicada ás ferramentas de xestión empresarial en Software Libre para uso persoal e/ou para a PEME.

As aplicacións axudarán na contabilidade persoal a un nivel moi básico, inda que algunhas das ferramentas xa seguen principios de contabilidade. Nun primeiro bloque destácanse as ferramentas que contan con máis funcionalidades quedando no apartado “outras ferramentas” software máis específico (deseño e impresión de facturas, xeración de informes,…). Algunhas das aplicacións que se recollen no documento son: GNUCash, GFP, Grisbi, jGnash, …

Está dispoñible a imaxe de CD (ISO – 438Mb) con todos os programas tratados no documento co fin de que a comunidade poida avaliar o software e poida escoller o que mellor se adapte á súa forma de traballo. Recordar que non se tratan ferramentas de contabilidade “completas” senón simples xestores que permiten levar un control dos gastos e ingresos.

Nas seguintes publicacións recollerase información sobre o software para terminais de punto de venda, contabilidade, facturación, ERP, CRM, … e outros temas para o eido da PEME. Mancomun.org está a levar a cabo unha acción para promover o emprego deste tipo de programas libres e en galego achegando a tradución do TPV Tina POS, o ERP libre Openbravo e outras aplicacións de importancia crítica para as empresas. 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal