Mancomún

Xornada sobre Cultura 2.0 e Software Libre

O Consello da Cultura Galega e o Clube Internacional de Prensa organizan unha charla sobre Cultura 2.0 na que se analizará a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura. A xornada desenvolverase o martes 28 de novembro de 2006, a partir das 19:00, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. O acto contará coa presenza de Roberto Brenlla, empresario e socio de AGNIX, Juan Freire, profesor da Universidade da Coruña e experto en Sociedade da Información, e Horacio González membro do equipo de escoitar.org que compartirán unha mesa redonda sobre Cultura 2.0 en Galicia.
 
Ás  20 h. terá lugar unha conferencia de Marcelo D’Elia Branco, ex asesor para a sociedade da información de Lula da Silva e que na actualidade está a traballar para a Generalitat de Catalunya. D’Elia  Branco foi articulador do Proxecto Software Libre Brasil.
 

A inscrición é gratuíta e non precisa inscrición previa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal