O día 25 de outubro terá lugar no concello coruñés de Culleredo unha charla sobre Software Libre para a súa difusión entre a mocidade e a súa importancia para o galego na sociedade da información. Contará cos seguintes participantes:
- Roberto Brenlla, promotor do Linux/GNU
- Suso Baleato, coordinador técnico de Mancomun.org
- Un representante de AGASOL (Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre)
- Un representante de GPUL (grupo de usuarios da Coruña)
O evento celebrarase no Pazo de Vilaboa a partires das 5 da tarde.
