Yahoo! anunciou que compra o sistema de correo aberto Zimbra por 350 millóns de dólares. Segundo Yahoo! a adquisición de Zimbra axudará á compañía a expandir a súa presenza en universidades, empresas e provedores de servizos de internet permitindo ás organizacións contar con correo electrónico on/offline, calendario e xestión de contactos.
Yahoo! anuncia a compra do sistema de correo aberto Zimbra
