Lemos na web de Agnix que a empresa de servizos en internet Yahoo! apoiará á Fundación Apache converténdose en Platinum Sponsor . Deste xeito comprométese a, entre outras obrigas, a achegar 100.000 dólares ao ano. Yahoo! é un usuario moi activo dalgúns proxectos de Apache como o seu servidor web, do motor de procuras Lucene e do seu framework Java para clústers Hadoop.
Outras grandes compañías de servizos a través de internet como Google tamén colaboran de xeito importante con proxectos abertos como por exemplo MySql ao ser tamén grandes usuarios dos mesmos.
