O equipo de KOffice presentou onte a primeira versión de corrección de erros na serie 1.5 de KOffice. ‘Bugs’ críticos en KSpread, Kword e Krita arranxáronse grazas ás contribucións dos usuarios que notificaron os erros.
Recordamos que esta suite ofimática, de código aberto, inclúe soporte nativo para OpenDocument Format dende a versión 1.5, ademáis de que está localizada ao galego…
Destacar que aos usuarios do programa Kexi non se lles aconsella actualizarse de momento debido a un ‘bug’ crítico descuberto moi tarde no proceso de liberación desta última versión que impediu que se correxira. De todas maneiras o equipo de KOffice anunciou que a próxima versión 1.5.2 que arranxará este problema, sairá nun mes.
Podes ler máis sobre este tema na nota de prensa, e no anuncio completo. A lista completa de cambios tamén está dispoñible.
Actualmente xa podes descargar os paquetes binarios para as seguintes distribucións: Kubuntu e SUSE.

Plataformas de éxito: Xestores de Contidos para a construcción de portais web externos, internos e mixtos, (Mambo, Drupal, Typo3); Sistemas de Publicación Web para a creación de periódicos internos, externos, e-catálogos de productos, e-revistas, Bibliotecas de empresa, Boletíns de Asociaciones, … (SPIP, WordPress, e outros); Plataformas de e-formación (Moodle, Claroline); e así sucesivamente en cada unha das sesións programadas.

