Mancomún

Scribus é un programa libre baixo licenza GNU/GPL que nos permite facer maquetacións profesionais traballando sobre a visualización do traballo en tempo real. 

Scribus ten unha interface atractiva, moderna e amigable facilitando moitas das tarefas e procesos feitos con el. Da soporte a características propias no ámbito profesional en materia de publicacións, tales como color CMYK, separacións, mantemento de color ICC e versatilidade na creación de PDF. As plataformas soportadas son: Windows 2000/XP , MacOS X e Linux

Está versión é lanzada para correxir un erro da versión anterior 1.3.3.1.

As próximas versións de Scribus 1.3.4 e 1.3.5, moi preto de ser lanzadas á internet, van ter novidades importantes no núcleo do programa, polo que o equipo de programación non quere anunciar precipitadamente unha nova versión. Deste xeito somentes é publicada unha versión estable de Scribus sobre a anterior versión.

Fonte: scribus.net 
Onte saíron publicadas no DOG dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. …

Concellos con menos de 6000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • O galego será a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis.
  • Mantemento do portal a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto.
  • Cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA.
  • Os documentos dispoñibles estarán en formato pdf.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos menos 6000

Concellos de entre 6000 e 35000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dun portal informativo, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

Este portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de Internet os cidadáns e asociacións crearán contidos do seu interese e ocuparanse do mantemento informativo do portal.

Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:

  • Espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación
  • Ferramentas para a interrelación cidadana: foros, chats, correo electrónico…
  • Información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda…
  • Información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos máis 6000

Dado os problemas de licenza que conleva o uso e publicación de imaxes en sitios web ou en traballos publicados, creáronse en Internet varios sites coa inquedanza de ofertar á comunidade, imaxes de calidade para todos eses traballos que teñen un claro matiz expositor…

 
Estas galerías conteñen imaxes con licenzas [[Creative Commons]], [[Copyleft]] ou [[GNU/FDL]]. Así, deste xeito, non se infrinxe ningunha lei de privacidade en canto ao uso non autorizado de imaxes.

Algunhas destas galerías libres son: yotophoto , everystockphoto, kavewall e OpenClipArtLibrary e conteñen centos de miles de imaxes repartidas por categorías moi distintas e diversas.

Logo learningDentro das xornadas que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela sobre aplicacións Web de Software Libre para a PEME, este venres 2 de xuño impartirase o segundo relatorio sobre plataformas de e-formación. Será na Facultade de Empresariais do Campus de Lugo.

Falarase das vantaxes do e-learning, de metodoloxías de aprendizaxe e se analizarán en detalle dúas plataformas libres, Moodle e Claroline. A inscripción é gratuita e se pode facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes.

Acabamos de engadir dous apartados á sección Movemento asociativo de mancomun.org. A primeira, Informática e lingua, fai referencia ás asociacións ou agrupacións que xa levan tempo localizando software e que teñen como principal obxectivo o galego no eido da informática. A segunda, Outras asociacións, tenta amosar aquelas agrupacións que teñen no software libre un medio natural para o seu traballo.
 
A intención de mancomun é sumar esforzos e non restalos, polo que as listaxes das agrupacións non son pechadas. Se pertences a outra asociación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto.

Nunha nota de prensa do día 18 de Maio do 2006, a Seguridade Social anuncia que ven de adaptar o sistema RED de intercambio de documentación entre ela e as empresas para que poida ser utilizado dende sistemas GNU/Linux, o que ata agora non era posible. …

Así mesmo esta adaptación dos sistemas permitirá o emprego dos servizos do sistema RED dende o navegador Firefox e non só dende Internet Explorer como viña ocorrendo ata agora.

Os requisitos necesarios para o uso do sistema RED en GNU/Linux aparecen na seguinte ligazón

Fonte

Acaba de ser publicado o libro “Software Libre para servizos de información dixital”. Os contidos son: Fundamentos; Planificación, deseño e desenvolvemento de servizos; phpBB; MediaWiki; Zope; Typo3; PHP-Nuke; Plone; BSCW; Greenstone, ISIS; Moodle.

Os autores, J. Tramullas, A.P. Ubieto, M.A. Esteban, P. Garrido, F.J. Martínez, S. Albiol (Univ. Zaragoza), D. Rodríguez, R. Eito (Univ. Carlos III), J.A. Senso (Univ. Granada) doaron os dereitos a Aldeas Intantiles SOS. Os capítulos 1 (Fundamentos), 2 (Planificación e diseño) e 10 (Greenstone), liberáronse con licenza [[Creative Commons]] 2.5 e foron depositados no repositorio de acceso aberto E-LIS.
e-gallaecia Do 14 ao 16 de xuño, na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase a VI Tech Business Week que organiza o foro e-Gallaecia. O programa xa está dispoñible e o xoves 15 de xuño haberá toda unha sesión de xornadas adicadas ao Software Libre. Estarán moderadas por Roberto Santos e participarán, entre outros, os responsables informáticos da Universidade de A Coruña e da Universidade de Santiago.

 
Esta iniciativa pretende animar á industria de teléfonos móbiles a estandarizar os navegadores Web. Nokia abriu o código fonte do browser móbil que desenvolveu o ano pasado. Os desenvolvedores poderán adaptalo para diferenciar as ofertas ao usuario final. O código está dispoñible a través de WebKit Open Source Project en www.webkit.org
 
Fonte.-  IDG.es

wordpress O software de xestión de blogs, WordPress foi localizado ao galego por Dorfun.

Pode descargarse da Web: http://dorfun.bitacoras.com/wordpress-en-galego .

A versión localizada é a 2.0.2, ou sexa a última dispoñible ata o de agora, con data de saída o 10 de abril deste mesmo ano…

Máis información sobre WordPress na súa páxina oficial: www.wordpress.org, e máis información sobre a localización na bitácora de Dorfun: http://dorfun.bitacoras.com/wordpress-en-galego

Cada vez son máis as ferramentas de mensaxería instantánea utilizadas polos internautas de todo o mundo. Estas ferramentas compiten unhas coas outras ofertando novas características. Entre estas, a mensaxería instantánea escrita, transmisión de arquivos, conversacións de voz (VoIP) e a videoconferencia son as de maior aceptación.

Neste artigo imos amosar os proxectos Open Source máis importantes a día de hoxe en materia VoIP. Esto non significa que non existan máis proxectos na comunidade de Internet. Os que imos analizar son: Gizmo 2.0, OpenWengo 2.0, Ekiga 2.0. …

Gizmo 2.0

* Rede baixo estándar SIP – RFC (3261)
* Clientes para Windows, Mac ou Linux.
* Chamadas de balde entre os usuarios de Gizmo. (PC2PC)
* Buzón de voz.
* Permite realizar chamadas a usuarios de telefonía convencional, teléfonos móbiles ou fixos. (a través de pago)
* Permite recibir chamadas dende usuarios de telefonía convencional. (a través de pago).
* Adaptación con redes VoIP plataforma Asterix.
* Web: http://gizmoproject.com/intl/es/

OpenWengo 2.0

* Rede baixo estándares SIP – RFC 3261
* Clientes para Windows, Mac ou Linux baixo licenza GPL
* Chamadas de balde entre os usuarios de OpenWengo. (PC2PC)
* Permite realizar chamadas de VOZ a usuarios de telefonía convencional, teléfonos móbiles ou fixos. (a través de pago)
* VIDEOConferencia entre usuarios OpenWengo. (PC2PC)
* Web: http://openwengo.com/

Ekiga 2.0

* Rede baixo estándares SIP – RFC 3261
* Clientes para Linux baixo licenza GPL. (todalas distros)
* Chamadas de balde entre os usuarios de Ekiga. (PC2PC)
* VIDEOConferencia entre usuarios Ekiga. (PC2PC)
* Web: http://ekiga.org

Logo CALIBRE O pasado 5 de maio celebrouse en Madrid, no marco do proxecto CALIBRE (Coordination Action for LIBRE Software), unhas xornadas internacionais co título: Open Source Software in European Industry: A Strategic Roadmap for the Future. 

Os diferentes relatorios están accesibles na seguinte dirección: http://www.calibre.ie/events/madrid/speakers.php  

David Cierco, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do
Ministerio de Insustria, anunciou na apertura das xornadas, que se presentaron en España 38 proxectos á convocatoria PROFIT do pasado mes de marzo, solicitando unha cantidade total de 10 millóns de euros.

O Director Xeral destacou a importancia que ten o software libre para reducir os custes de instalación, así como para axudar á independencia de tecnoloxías extranxeiras. Ademais, apuntou que o Ministerio de Industria “confirmou en varias ocasións o seu apoio, non só para o software libre, senón tamén para proxectos de I+D, a través de importantes incrementos nas axudas”. O Plan Nacional para a Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2004-2007) inclúe unha partida específica para proxectos de Software Libre, que representa o 5% do presuposto total.
 

Open Invention Network é unha nova compañía de propiedade intelectual establecida para promover o sistema operativo Linux e outros tipos de software de fonte aberta. Isto realízase mediante o emprego de patentes para crear unha contorna de colaboración. A organización promove un ecosistema positivo e fértil para o sistema operativo Linux, algo que, á súa vez, impulsa a innovación e a capacidade de elección no mercado a escala mundial.

Isto axuda a garantir a continuación da innovación que tanto beneficiou ás empresas de software, aos clientes, aos mercados emerxentes e aos inversores…

Open Invention Network está perfeccionando o modelo de propiedade intelectual para permitir que as patentes importantes compártanse abertamente nunha contorna de colaboración. As patentes propiedade de Open Invention Network atópanse dispoñibles libres de calquera pago para as compañías, institucións ou particulares que acorden non reivindicar as súas patentes fronte ao sistema operativo Linux ou fronte a certas aplicacións relacionadas con devandito sistema operativo. Isto permite ás compañías realizar grandes investimentos corporativos e de capital en Linux, axudando a impulsar o crecemento económico.
 
Podes ler a nova completa na fonte orixinal: www.cibersur.com  

Daniel Reina, colaborador da Universitat Oberta de Catalunya, analiza neste artigo dous proxecto antagónicos de migración a Software Libre na administración local, Munich e Newham. No caso de Munich os criterios estratéxicos foron decisivos para optar pola migración. Sen embargo, Newham inclinouse por criterios de menor custe a curto prazo, así como pola homexeneidade do seu sistema, para decidir ampliar o seu contrato con [[Microsoft]] por 10 anos.

Fonte: UOC Papers  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal