Mancomún
Logo da UDC O rector da UDC, José María Barja, anunciou que a UDC ten previsto crear de xeito inminente unha Oficina de Software Libre, un portal web institucional e máis a personalización dunha distribución GNU/Linux adaptada ás necesidades dos alumnos e profesores da UDC no idioma galego. …
O anuncio foi feito durante a presentación oficial do Libro Branco para o uso do software libre nos ámbitos da docencia, investigación e administración da Universidade da Coruña.
 
Ademais, comentou que teñen creado un consorcio coa USC para traballar conxuntamente no desenvolvemento de ferramentas comúns, principalmente para a xestión económica de recursos humanos, baseadas en software libre. É posible que a esta iniciativa se unan en breve a Universidad de Vigo e máis a Consellería de Educación .
 
Fonte: Código Cero 

Durante o pasado mes de marzo, reuníronse na Consellería de Innovación e Industria a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, o responsable da Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre, Marcelo Branco, e representantes da Secretaría de Telecomunicacións i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya…

A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de incorporarse á “Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre”.
 
O obxectivo da Rede é fortalecer as relacións político-institucionais entre aquelas administracións que teñen o compromiso de consolidar o uso do Software Libre, deixando constancia da necesidade de traballar de xeito conxunto para difundir, estimular, desenvolver e promocionar o Software Libre como unha das ferramentas máis importantes das que dispón a sociedade para transmitir o seu coñecemento.
 
A Rede inspírase na lóxica do principal motivo de éxito da comunidade do Software Libre: a cooperación entre as diferentes administración públicas.

Dende a Fundación OpenDocument de EEUU acábanllo de poñer moi facil aos usuarios de Microsoft Office para poder usar o novo estandard ISO de documentos (ODF) creando un plug-in que permite ler, escribir e modificar documentos en formato OpenDocument…

Pero as funcionalidades non soamente esas, senón que tamén permite migrar documentos en formatos cerrados de MS Office a OpenDocument.

O desenrolo do plug-in veu pola necesidade de migración a OpenDocument do Estado de Massachusetts. A fundación comentou que xa tiñan completada unha fase exhaustiva de testeo do plug-in e parece ser que funciona correctamente.

Web de descarga do plug-in: http://sourceforge.net/projects/ooo-word-filter 

Fonte

Logo do Ministerio de Desenvolvemento Agrario de Brasil O Ministerio de Desenvolvemento Agrario (MDA) do Brasil acaba de licenciar baixo [[GPL]] o código de tres aplicacións informáticas.

Os programas liberados son: O control de accesos e configuración de sistemas, CONTRA (Sistema de Control de Accesos); o control de atencións a servizos prestados polos sectores de informática e Recursos Humanos, o SISAU (Sistema de Atención ao Usuario); un sistema de xestión de contidos Web, o SACI LIBRE (Sistema de Administración de Contido Institucional).

Isto é só o comezo pois teñen máis aplicacións en proceso de liberación: Patrimonio, Licitación e Contratos, etc. Os sistemas foron desenvolvidos pola Coordinación-Xeral de Modernización e Informática (CGMI) co obxectivo de alcanzar maior eficiencia nas súas actividades administrativas e reducir gastos con licenzas e adquisición de tecnoloxía.

Máis información sobre os programas, soporte e descargas na Web do MDA: http://softwarelivre.mda.gov.br/tele/

VMware , o líder en software de virtualización, ven de anunciar que a especificación do seu formato de disco para máquinas virtuais está agora dispoñible de xeito aberto, descargable e gratuito. Esto permitirá que sexa empregado por todos os desenvolvedorer, vendedores de software ou proxectos, xa que inclúe unha licenza aberta compatible coas licenzas libres como a [[GPL]]. …

Ademáis, afirman que tamén darán soporte a outros formatos de discos virtuais adoptados polos clientes e traballarán para conquerir un estándar aberto nesta área. 

O vicepresidente de VMware dixo que “estamos a ofrecer o noso formato de disco virtual abertamente á industria da virtualización porque cremos que as especificacións abertas e libres farán aumentar a dispoñiblidade de productos complementarios, proporcionarán alternativas aos clientes, incrementan a interoperabilidade nos entornos de virtualización e a futura expanción do mercado  de virtualización, o que é bo para VMware”.

Fonte: VMware 

Un dos acordos importantes do Forum Internacional de Software Libre de Porto Alegre foi a creación dun consorcio de cooperación internacional, Latinux, por parte de 6 empresas de Brasil, Porto Rico e Estados Unidos, para atender a América Latina en solucións de Software Libre. Este acordo dá continuidade ás negociacións iniciadas no Linux World Expo 2006, en Boston, EUA, e en Lacfree 2005, en Recife, Brasil.

Seis PEMES de solucións TIC baseadas en Software Libre de Brasil (Propus e Solis), Venezuela (Corvus Latinoamérica e Iseit), Porto Rico (Rede Boricua) e os EEUU (Alacos) anunciaron a creación deste consorcio que se empezou a fraguar no Linux World Expo de Boston.

“O Consorcio prevé a creación dunha entidade independente que impulse o desenvolvemento de solucións baseadas en Software Libre”, dixo o director da firma brasileira Propus, Carlos Eurico Pittas do Canto.

As empresas firmantes “compartirán coñecementos e experiencias para promover o Software Libre, ademais de dar soporte comercial e técnico ás ferramentas desenvolvidas por cada unha delas”.

Durante os días 20 e 21 de Abril tiveron lugar as III Xornadas de Software Libre organizadas pola OSLUCA :Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz.
Nestas xornadas entregóuselles aos asistentes un cd con toda a documentación xerada nas xornadas, actas das presentacións, así como unha recopilación de documentación relacionada co software libre.

Agora o contido deste CD está accesible dende a súa web
 
Fonte: OSLUCA 

+Internet+Galego+Futuro A Consellaría de Innovación e Industria presenta hoxe, 2 de maio, en rolda de prensa a iniciativa Máis internet, máis galego, máis futuro. O programa de actividades inclúe a presentación o día 10 de maio de “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”.

Mais internet, máis galego, máis futuro xorde para amosar diferentes iniciativas promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, coas que que se quere informar sobre as oportunidades e os desafios que comporta a construción en Galiza da Sociedade da Información e do Coñecemento. Iniciativas que se desenvolven en colaboración coas universidades galegas, empresas tecnolóxicas, asociacións profesionais e de empresas, medios de comunicación e entidades culturais comprometidas co acceso democrático e libre ás novas tecnoloxías a través do Software Libre.

Fonte: Máis Internet, máis galego, máis futuro

O pasado 19 de abril, a Deputación e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ciudad Real, presentaron a distribución “DijexCR, GNU/linux para la pyme”.

O proxecto, promovido dende a Deputación xunto coa Asociación de Jóvenes Empresarios, quere facilitar aos novos empresarios o inicio da súa actividade. …

Con esta iniciativa queren axudar a difundir o uso do Software Libre en tódolos sectores sociais, aínda que centrándose principalmente nos empresarios, tanto polos posibles aforros nos custes como polas posibilidades de negocio que se abren con el. 
Esta distribución estará a disposición dos xóves ou novos empresarios de xeito gratuito e co soporte técnico necesario para o seu uso durante un ano. Por suposto, con actualizacións permanentes a custe cero.
A distribución de momento está dispoñible para a súa descarga dende a web e o vindeiro día 8 de maio comezará a ser repartida entre os empresarios de Ciudad Real que o soliciten.

Fonte: Castilla –  La Mancha Innovación

Logo do proxecto CALIBREO vindeiro día 5 de Maio, terá lugar en Madrid, a xornada internacional sobre o Software Libre na industria europea, enmarcada no proxecto europeo CALIBRE.

O lugar escollido para o seu desenvolvemento son as dependencias do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, no Paseo de la Castellana, 160 na Sala F. …

Durante a xornada mostraranse as experiencias dalgunhas empresas españolas e europeas co Software Libre, e como se están a establecer as estratexias de cara ao futuro. Entre os participantes haberá representantes de empresas como Telefónica I+D, Vodafone, Telvent e Philips, de Universidades como a University of Limerick ou a University of Cambridge.

Pódese atopar o programa completo na seguinte ligazón .

Fonte .

Pluma Logo Apache O proxecto do servidor web Apache acaba de publicar a nova versión 2.2.2 do seu popular servidor web “Apache”.

Esta versión de Apache significa o inicio dunha nova rama estable de desenvolvemento e representa a mellor versión dispoñible do servidor web.

Na seguinte ligazón poden consultarse as novas características.

Ligazón para descarga

Novas características

Lista de cambios  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal