Acábase de lanzar a versión 0.40 de Musix GNU+Linux. Musix é unha distribución baseada en Debian que contén principalmente ferramentas para crear, editar e escoitar música.
É un sistema operativo 100% libre e dispón dunha versión en galego.
Acábase de lanzar a versión 0.40 de Musix GNU+Linux. Musix é unha distribución baseada en Debian que contén principalmente ferramentas para crear, editar e escoitar música.
É un sistema operativo 100% libre e dispón dunha versión en galego.
APICE, é a Asociación para a Promoción a través da Informática de Colectivos Excluídos. A súa finalidade é a integración de colectivos marxinados na sociedade facendo uso das novas tecnoloxías e do Software Libre, axudando deste xeito á redución da “fenda dixital”.
O proxecto desenvólvese nos barrios e distritos madrileños de: Carabanchel, Usera e Moratalaz e Villa de Vallecas, na Cañada Real Galiana.
Pilares técnicos do proxecto
En primeiro lugar, o uso de Software Libre -en concreto LTSP (Linux Terminal Server Project) dá a posibilidade de que os equipos reciclados se comporten de xeito similar a equipos de última xeración.
O equipo técnico conta con colaboradores informáticos e persoal de formación implicados nas tarefas educativas. Trátase dun proxecto aberto á colaboración, se desexas información ou colaborar coma voluntario visita a súa páxina web.
Segundo a prestixiosa consultora Evans, para o ano 2007 haberá máis desenvolvedores traballando en Linux que en Windows. Concretamente, as súas predicións apuntan a unha igualdade no número de desenvolvedores nas dúas plataformas para este ano. Unido este dato ao considerable aumento no número de desenvolvedores en Linux, fai prever que pronto haberá máis programadores en plataformas libres…
Dende IBM tamén se apuntan o tanto, e explican que esto pode ser así grazas a que a plataforma de desenvolvemento Eclipse está permitindo a moitos desenvolvedores migrar máis doadamente cara Linux. Aínda que o número de desenvolvedores só non asegura o éxito dunha plataforma, si que axuda a que cada día se cren máis e mellores aplicacións nese sistema operativo.
Visto en: http://www.glug.es
Fonte orixinal: http://www.linuxtoday.com
A ligazón:
http://www.duvi.uvigo.es/prueba_noticia.asp?tabla=NOTICIAS&clave_noticia=9201
O “Ayuntamiento de San Roque”, no campo de Gibraltar, leva xa algún tempo potenciando o software libre de xeito institucional. Agora precisan empresas que traballen en Software Libre para o desenvolvemento de aplicacións de xestión con licenza GPL.
O artigo con todas as características e requisitos pódese atopar na páxina do concello. Sen dúbida este tipo de iniciativas potencian o desenvolvemento do Software Libre e son exemplos a ter en conta á hora de falar de políticas e iniciativas potenciadas dende os organismos públicos.
Adobe/Macromedia anuncia unha versión de testeo e probas de Flash Player 9 para Linux para finais deste ano, e a versión final para os comezos do 2007.
Hoxe discutirase unha proposición non de lei do Grupo Socialista, na Asemblea de Extremadura, que instará á “Junta” a liberar as súas producións dixitais en formato libre, empregando as licenzas Creative-Commons…
Trátase dun instrumento que dotará de maior flexibilidade ao desenvolvemento da propiedade intelectual, dixo Lemus, que insistiu en que con esta iniciativa preténdese “abrir unha porta para que os autores teñan máis protección e os cidadáns acceso ás obras”.
De aprobarse, tódalas creacións dixitais producidas pola “Junta”, poderían estar a disposición dos cidadáns baixo diferentes termos de uso, pero sempre baixo un formato libre, de xeito similar a como funcionan as licenzas de software libre coma GPL no ámbito do desenvolvemento de aplicacións.
Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa .
É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.
Para o seu funcionamento cómpre instalar un axente OCSNG en cada unha das máquinas, de xeito que logo envíe información periódica á aplicación instalada no servidor central, xestionada a través dunha interface web. Cada vez que o axente detecta un cambio na configuración do equipo monitorizado envía os novos datos ao servidor central para que actualice o inventario. Tamén é posible levar o inventario de equipos non conectados á rede e mesmo detectar automaticamente (mediante o uso de nmap) novos equipos engadidos e aínda non inventariados. No seguinte artigo describen máis extensamente o funcionamento desta aplicación.
Fonte: Diariolinux.com
Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS “Dapper Drake”, traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support).
Entre as novas características de Ubuntu 6.06, hai que destacar o novo kernel 2.6.15-23, moi completo polo amplo número de drivers que integra, Gnome 2.14.1 (na versión Ubuntu), KDE 3.5.2 (para a versión Kubuntu), Xorg 7.0, OpenOffice 2.0.2 e moitas cousas máis.
É importante dicir que esta nova versión está moi ben adaptada para servidores, existindo varias distribución totalmente preparadas para as plaformas: amd64 (plataformas 64 bits Intel Xeon, Opteron e Athlon64), Intelx86 (inclúense a maioría dos procesadores restantes), PowerPC (procesadores G3, G4 y G5) e a última novidade, procesadores UltraSparc de SUN.
Fonte: http://ubuntu.com
Descarga: http://cdimage.ubuntu.com
Acaban de saír as novas versións/actualizacións de [[Firefox]] e [[Thunderbird]], o navegador e máis o xestor de correo da fundación [[Mozilla]].
As novas versións son as 1.5.0.4 e recomendan actualizar a elas canto antes, xa que arranxan os problemas de seguridade detectados na anterior versión…
As páxinas en español dos respectivos proxectos son:
Firefox en español
Thunderbird en español
Recordamos que dende a páxina de galego21 pódese descargar unha tradución ao galego para o Firefox, e que dende a nosa sección de descargas podes descargar o dicionario e o corrector ao galego para o Thunderbird .
Para decidir os proxectos gañadores valoraranse aspectos como a orixinalidade, a calidade do software resultante ou o peso da contribución da comunidade libre.
A fundación “Un computador por neno” (One Laptop Per Child), iniciada por Nicholas Negroponte e outros membros do MIT (Massachusetts Institute of Technology) sacará o primeiro computador de baixo custe en abril de 2007. O seu sistema operativo estará baseado en GNU/Linux. Esta fundación pretende fomentar o uso da informática e Internet en países pouco desenvolvidos. O prezo final do computador (ao redor de 130$), será algo máis alto que os 100$ previstos inicialmente. Os computadores serán distribuidos directamente a escolas ou mediante iniciativas gubernamentais. Os países máis entusiasmados, dos sete que están participando no proxecto, son Nixeria, Brasil, Tailandia e Arxentina.
Fonte.- ZDNet
Acabamos de incorporar algunhas novidades na web. Entre elas, cabe destacar:
– Unha sección de descargas, onde está dispoñible o OpenOffice.org 2.0 portátil e en galego (contribuído polo usuario dmunhiz), a extensión co corrector de galego para o Thunderbird, fontes libres para editores de texto para substituír ás coñecidas Times New Roman, Verdana e Arial;e máis cousas que pronto estarán dispoñibles.
– Novas ligazóns, con referencias a páxinas de descarga de tipografías, imaxes e deseños para webs libres.
– Un novo foro de “Localización ao galego de software“, para coordinar á xente interesada en localizar algún tipo de software.
Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal