A ANCED pasa a usar Moodle

{mosimage}

A ANCED (Asociación Nacional de Centros de Ensino a Distancia) implantou o Moodle, unha plataforma de teleformación moi famosa, para prestar os servizos aos seus 320 asociados e os máis de 10 000 alumnos.

Esta plataforma ofrece a posibilidade de deseñar cursos dun modo sinxelo ao permitir a incorporación de recursos adicionais a medida que os seus centros os necesitaren.

Alén diso, incorporaron un sistema de matriculación en liña, onde a ANCED valida as preinscricións a través doutra aplicación web interna feita, especificamente, para o caso. Os usuarios da ANCED dispoñen dunha ferramenta que permite asignar diferentes roles e perfís, ao poder asignarlles permisos diferentes ao alumnado, aos titores, aos deseñadores de cursos ou á administración da plataforma. A implementación para a ANCED está a cargo de Generazión (primeiro socio oficial de Moodle en España).

Segundo as declaracións de Jorge Azcárate (presidente da ANCED) «Estamos moi contentos coa implementación desta nova plataforma e moi seguros de que tanto os nosos asociados como os alumnos que nos confían a súa formación, poderán beneficiarse de todos os recursos que o Moodle ofrece. Xestionarmos dun xeito máis eficaz o tempo e a comunicación e mais a interacción entre o profesorado e o seu alumnado son só algúns deles”.

En España hai xa moitas organizacións (tanto nas empresas privadas como no sector educativo, nomeadamente nas universidades) que están a empregar o Moodle, ao lles permitir unha xestión do ensino tanto presencial, semi-presencial como non presencial.

O Moodle está presente en máis de 146 países e traduciuse a 75 idiomas (incluíndo o galego). O seu crecemento débese ás vantaxes que ofrece o Software Libre, á súa accesibilidade (calquera usuario pode acceder a través da rede cun navegador), á súa flexibilidade e á súa seguranza, unhas vantaxes que están recoñecidas a nivel internacional.

Ligazón á nova orixinal: Laflecha.net

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal