A cadea de ópticas Specsavers está migrando servidores e escritorios a Red Hat Enterprise Linux

Specsavers, a cadea de ópticas inglesa, está migrando todos os seus servidores e escritorios de Microsoft Windows 2000 a Red Hat Enterprise Linux, para os seus 830 establecementos do Reino Unido, República de Irlanda, Países Baixos, Escandinavia e España.
A compañía escolleu as solucións de Red Hat como modo de estandarizar a aplicación SOCRATES 7 sobre unha plataforma Java, o que lle permitiu reducir o mantemento, incrementar a fiabilidade e flexibilidade do desenvolvemento de software e mellorar a seguridade, ademais de minimizar os custos. Red Hat Enterprise Linux corre sobre unha plataforma Intel sobre hardware Fujitsu Siemens, tanto para servidores como para os escritorios dos establecementos.

Specsavers está tamén utilizando Red Hat Satellite Server para monitorizar de forma centralizada e actualizar todas as instalacións Red Hat Enterprise Linux. A capacidade de xestionar as actualizacións de forma remota reduciu o tempo que emprega o departamento de TI na instalación de parches. A rede Red Hat Global Support tamén foi un factor clave que contribuíu a que a cadea de ópticas opte por implementar as solucións de Red Hat, xa que dispón de acceso inmediato ao soporte local, as 24 horas do día, en calquera país onde a compañía o necesite.

Ademais de substituír todos os escritorios e os servidores das súas tendas, Specsavers substituíu varios servidores Solaris da súa oficina central. Tamén ten un número de servidores Red Hat Enterprise Linux executando un sistema ERP de código aberto para todo o seu negocio de Australia e Hong Kong. Ademais, a compañía está a utilizar outras solucións de software de código aberto como o servidor web Apache e JBoss jBPM (xestión de procesos de negocio) para xestionar o fluxo de traballo.

 

Fonte: Gaceta Tecnológica  

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal