Segundo informa Lucy Sherriff en The Register a Comisión Europea, como parte do 6º Programa Marco, investirá 25 millóns de euros en 4 proxectos destinados a mellorar a calidade do Software Libre. O traballo será coordinado pola consultora inglesa Sirius, expertos da industria, persoas do ámbito académico e a comunidade.
Os proxectos nos que se vai traballar son:
- QualIPSo (Quality Platform for Open Source Software), é unha infraestrutura para investigar e utilizar procesos de desenvolvemento en execución incluíndo modelos, métodos e ferramentas de negocio para fomentar o emprego do Software Libre por organizacións TIC europeas.
- FlossMetrics (Free/Libre and Open Source Metrics), ten por obxectivo principal construír, publicar e analizar unha base de datos de gran escala coa información e métrica sobre o desenvolvemento de Software Libre que provén de varios millares de proxectos do software, empregando metodoloxías existentes e ferramentas xa desenvolvidas. O proxecto tamén proporcionará unha plataforma pública para a validación e a explotación industrial de resultados.
- QualOSS (QUALity of Open Source Software), trata de proporcionar metodoloxías ao Software Libre no desenvolvemento industrial, para permitir as probas, e para apoiar o seu desenvolvemento e evolución.
- Sqo-OSS. (Software Quality Observatory for Open Source Software), é unha suite de avaliación de ferramentas software. Estas ferramentas permitirán o análise dos obxectivos e probas do Software Libre.
Fonte: la pastilla roja e The Register