
A GMAE promoverá o uso, desenvolvemento e comercialización de compoñentes. A iniciativa ten por obxectivo:
- Incrementar a comunidade e a visibilidade comercial da tecnoloxía GMAE e as organizacións participantes.
- Coordinar investimentos nas plataformas GTK+ e Gnome, documentación e ferramentas de desenvolvemento.
- Fomentar o desenvolvemento da “experiencia móbil”, particularmente a integración do escritorio Gnome e a tecnoloxía GMAE.
- Facilitar a colaboración saudable entre os participantes, a comunidade Gnome e os proxectos relacionados; e entre a plataforma Gnome, o escritorio e os desenvolvedores GMAE.
- Procurar a estandarización da plataforma, e realizar melloras a nivel usuario.
- Asegurar que a liberdade do software é unha realidade alén do escritorio e a disposición de usuarios de todo o mundo.
Igalia considera que GMAE facilitará as sinerxias entre desenvolvedores para dispositivos móbiles e fai a Gnome máis amigable e innovador ademais de aumentar os seus ámbitos de uso.