Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A forxa de mancomun.org superou o millón de visitas esta semana. É o momento de reflexionar sobre o seu estado actual. Podemos destacar que actualmente ten un total de corenta e un proxectos rexistrados e noventa e un usuarios rexistrados. Entre os proxectos máis activos esta semana están gl_be_templates cunha actividade dun 100%, que é unha extensión de Typo3 que proporciona un método para realizar modelos en backend, ao facilitar a independencia da lóxica de aplicación e a presentación de datos.
Tamén gl_transstat cun 91,7% de actividade, que é un módulo de backend para o CMS Typo3, SXBD estándar-completo cun 83,3% de actividade, que consiste nun xestor de bases de datos que cumpra cos estándares SQL principalmente orientado a fins educativos. Os proxectos máis descargados son o Traducindote v0.80b (949 descargas), OOo en galego beta (369 descargas), Búsqueda Avanzada para typo3 (120 descargas), Tradución ao galego do backend de Typo3 (118 descargas) e Typo3 user and page stats (88 descargas). Nas ligazóns seguintes pódense observar as gráficas das estatísticas do 09/02/07 ata o 10/05/07: Alta de usuarios semanal Reconto acumulado de usuarios semanal Proxectos engadidos semanal Reconto acumulado de usuarios semanal Descargas por proxecto Actividade do sitio web
