Robots galegos con software libre

O equipo de Robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela emprega o software libre nos seus Robots. Este equipo integrado por Carlos Regueiro, Roberto Iglesias, Miguel Rodríguez, José Luis Correa, Manuel Murientes, Alberto Bugarín, Cristina Gamallo e José Emilio Domenech empregan para as súas investigacións no campo da robótica dous robots: un Pioneer 2AT (All Terrain) de MobileRobots e un Nomad 200 de Nomadic Tech. …

Robot NomadO Nomad e o Pioneer dispoñen cada un dun PC embebido que leva instalado GNU/Linux como sistema operativo.

Os robots tamén poden ser controlados mediante un porto serie por un portátil externo. Un dos obxectivos do equipo de robótica é aprenderlle aos robots a tomar decisións a partir dos datos que toman os sensores que levan incorporados. Para este traballo o software libre de código aberto é fundamental, os membros do equipo de robótica programan aplicacións compiladas co compilador libre g++ de GNU, que lles permiten procesar os datos que toman os sensores.

Robot pionner O software que permite a comunicación co hardware, videocámaras, sensores láser, etc., que levan incorporados os robots para a toma de datos é unha aplicación libre que se pode descargar dende a páxina web de sourceforge chamada Player/Stage . As imaxes que toman o Nomad e o Pioneer son procesadas coa axuda dunha biblioteca de código aberto chamada Opencv .
 
Ámbolos dous robots forman parte de dous proxectos de investigación con financiamento público, un do Ministerio de Educación denominado “Migración de comportamientos en robótica móvil mediante un robot guía” dirixido por José Luis Correa e outro da Xunta de Galicia denominado “Robot guía para realizar visitas turísticas en museos” dirixido por Alberto Bugarín.
 
Fonte: Entrevista a Carlos Vázquez Regueiro y Manuel Mucientes Molina

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal