A “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” está a promover o desenvolvemento da administración dixital en Andalucía a través da Orde de incentivos á innovación e modernización das administracións locais, que desde a súa posta en marcha no ano 2006 apoiou un total de 56 proxectos na provincia de Córdoba. O logro do obxectivo pasa por unha notable reorganización dos propios procedementos e dos procesos municipais, así como pola incorporación de estándares de Software Libre para o desenvolvemento de novas aplicacións co fin de evitar o actual pagamento de custosas licenzas.
A adopción do Software Libre nos sistemas da administración, segundo destacou o delegado provincial de Innovación, Andrés Luque, non só permite incorporar novas aplicacións desenvolvidas por outras entidades locais a través desta orde de incentivos sen custo ningún, senón que contribúe a concentrar os recursos locais no desenvolvemento de novos servizos innovadores para a cidadanía e a ampliación dos existentes.
Fonte da nova e máis información en: La Flecha