Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A “Lei para o Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos ” (LAECSP) foi aprobada o pasado 14 de xuño no Congreso dos Deputados. O texto, anteriormente coñecido como “Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas”, establece o dereito a realizar todo tipo de trámite administrativo de forma electrónica e garante que para iso sempre se poidan usar estándares abertos.
A lei inclúe prazos para a execución da lei, en concreto seis meses para a elaboración dun Plan de Implantación que se elevará ao Consello de Ministros). A LAECSP Introduce unha definición de estándar aberto próxima ao espírito do Marco Europeo de Interoperabilidade da IDABC no texto lexislativo, como xa fixeron Francia, Dinamarca, Holanda e Bélxica entre outros.
Cómpre salientar que o modelo do Software Libre influíu na lei ao establecer a posibilidade de auditorías sobre o código fonte das aplicacións públicas.
