A Free Software Foundation recolle unha ligazón a unha tradución ao galego da licenza GNU GPLv.2 realizada por Mancomun.org. Trátase dunha tradución xurada que está dispoñible en formato .txt, .rtf e .pdf na web da FSF. Tamén tedes á vosa disposición a tradución realizada por Mancomun.org da EUPL.
A FSF non concede a validez oficial a ningunha tradución polo caro que resultaría comprobar a súa calidade e para evitar posibles consecuencias legais.
