Dispoñible en galego o phpBB 3.0

Dispoñible en galego o phpBB 3.0

http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.pngO pasado venres, saíu a versión 3.0 do phpBB, software para foros e sistemas de colaboración en liña. Ademais atópase traducido completamente ao galego grazas ao traballo das Ciberirmandades da Fala co sistema de tradución en liña TraduCIF (baseado no software Entrans ao igual que http://entrans.mancomun.org) e á coordinación e mantemento do usuario medulio na páxina dos paquetes de idioma de phpBB.

Esta nova versión inclúe características melloradas para a colaboración entre os usuarios, máis seguridade e características de delegación administrativa, soporte estendido para xestores de bases de datos de Software Libre e comerciais, optimización para dispositivos móbiles e motores de busca, e como non, está liberado baixo a licenza GNU.

 

Máis información e descargas:

Nota de prensa da versión 3.0
Páxina de descargas
Páxina dos paquetes de idioma

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal