
Con esta nova incorporación, a UDC amplía o seu catálogo de programas de Software libre que pon á disposición da comunidade a través do seu FTP público e a que cede parte do seu largo de banda. Deste xeito, tanto a comunidade universitaria, en particular, como toda Galiza, en xeral, contan cunha réplica próxima de que baixar os programas máis rapidamente.
Para alén do anterior, a UDC está a apostar polo OpenOffice.org a nivel administrativo como paquete ofimático para o manexo dos ficheiros no formato estándar ODT. Neste marco, a UDC distribuíu, recentemente, entre o seu persoal de administración e servizos uns CD de OpenOffice.org en galego, adaptados por Mancomun.org.
Como pode verse no URL http://distribution.openoffice.org/mirrors, a UDC é a segunda réplica oficial española en acadar a «categoría un», e a primeira galega.
A nova tamén na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña