A Universidade da Coruña vén de corrixir unha convocatoria de emprego público pola cal esixe aos opositores capacidade de manexo do paquete OpenOffice.org nos seus programas de procesador de textos e xestor de follas de cálculo. Anteriormente pedíaselle aos aspirantes coñecementos de Microsoft Word 2003 e Microsoft Excel 2003 pero, trala declaración do Consello de Goberno da Universidade da Coruña a prol do Software Libre, esta institución decidiuse a efectuar o cambio. A Universidade da Coruña incluirá unha proba de OpenOffice.org para a selección do seu persoal
A Universidade da Coruña vén de corrixir unha convocatoria de emprego público pola cal esixe aos opositores capacidade de manexo do paquete OpenOffice.org nos seus programas de procesador de textos e xestor de follas de cálculo. Anteriormente pedíaselle aos aspirantes coñecementos de Microsoft Word 2003 e Microsoft Excel 2003 pero, trala declaración do Consello de Goberno da Universidade da Coruña a prol do Software Libre, esta institución decidiuse a efectuar o cambio.
