As vantaxes de empregar estándares abertos fan posible a existencia de gran variedade de proxectos no eido do Software Libre. A continuación amósase unha listaxe de complementos para OpenOffice:
Loook – procurador de arquivos OpenOffice.org
OpenOffice Indexer – indexador de arquivos OpenOffice
OOSearch – procurador de arquivos OpenOffice.org
GestorXML – DMS para xestión de arquivos en formato aberto
JooTemplateFiller – librería para xerar informes
OpenOffice.org Tools (OOo Tools) – ferramentas adicionais
Seguide lendo para ter información de cada complemento.
Loook é unha ferramenta para procurar arquivos por texto de OpenOffice.org (e StarOffice 6.0 ou superior). Traballa en Linux, Macintosh e MS Windows. Nas procuras pódese empregar nexos condicionais AND e OR. Non é posible crear un índice (como fai OpenOffice Indexer), pero pode procurar de forma rápida a menos que se teñan moitos arquivos.
Descarga do complemento aquí.
Requirimentos: Python 2.2 ou superior e Tkinter.
OpenOffice Indexer facilita a procura de arquivos Open Document sen ter que empregar sistemas de xestión de documentos (DMS). OpenOffice Indexer ten as seguintes características:
- Indexa tódolos tipos de documentos OpenOffice.
- Fácil acceso aos documentos catalogados.
- Instalación sinxela. Só é preciso iniciar Office Indexer dende liña de comandos ou periodicamente coma unha tarefa programada para actualizar o índice.
- OpenOffice Indexer pódese empregar libremente, modificalo e distribuílo baixo os termos da licenza GPL.
Instruccións para traballar co OpenOffice Indexer.
Descargar da ferramenta.
» OOSearch – procurador de arquivos OpenOffice.org (MacOS exclusivamente)
OOSearch é unha ferramenta para buscar arquivos de OpenOffice en MacOS. A ferramenta permite realizar as procuras por palabra clave nun directorio especificado ou volume. OOSearch é similar a Loook, ferramenta comentada no parágrafo anterior.
GestorXML é DMS (Sistema de Xestión Documental), baseado en XML e servizos web, que proporciona un sistema robusto de organización de documentos. O xestor proporciona unha completa e variada gama de funcionalidades, que permiten xestionar documentos, categorías de documentos, tipos de documentos, autores, usuarios e grupos de usuarios. A súa funcionalidade principal, é a de realizar procuras referenciais e de contido en tódolos documentos que compoñen o catálogo do sistema. Interesante ferramenta para organización que dispoñen de moitos documentos en formato ODF.
O software está dispoñible en sourceforge.
JooTemplateFiller é unha librería libre que permite xerar informes dende un modelo (template) de OpenOffice 2.0 writer e os datos fornecidos dende aplicacións java feitas a medida. Non é preciso ter instalado o OpenOffice para o seu funcionamento. A librería pódese descargar dende a web do proxecto e está baixo licenza LGPL.
OpenOffice.org Tools (OOo Tools) é un programa Java que complementa ao OpenOffice. As ferramentas inclúen un visor das propiedades dos arquivos de MS Word, un contador de palabras modificado, e un conversor bibliográfico.
- O visor de propiedades permite ler, visualizar e procurar os campos: título, asunto, palabras claves e comentarios de documentos MS Word dun directorio. A mellora para os usuarios que documentan unha breve descrición do contido reflicte na axilidade da procura.
- O contador de palabras é diferente do dispoñible no OpenOffice, o cal conta al palabras escritas con guión coma máis ca unha.
Por exemplo: “ISBN: 84-7522-743-0” será contabilizado coma cinco palabras por OpenOffice, pero en realidade son só dúas para esta ferramenta. Algúns xornais científicos empregan os métodos de contabilizar cos caracteres separados por espazos.- O conversor bibliográfico importará a información bibliográfica dende BibTex e arquivos OpenOffice, e exportará a información o formato de base de datos soportada por OpenOffice para ser empregados como base de datos.