Mancomún

A universidade de Salamanca únese aos estándares abertos.

A Oficina do Coñecemento Aberto da Universidade de Salamanca anunciou a aprobación do emprego e a promoción de estándares abertos na comunicación institucional e na súa páxina web. A través desta medida a institución castelá fai explícitos unha serie de compromisos entre os que destacan a adaptación total dos documentos colgados da web da universidade a formatos abertos e elaborar un listado de estándares abertos para a axeitación da institución a este tipo de especificacións.

Neste enlace pódese ler o anuncio do Consello de Goberno e o texto completo da norma…

Fonte:
http://barrapunto.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal