As administracións públicas holandesas empregarán o software libre.

O ministerio de Economía dos Países Baixos anunciou que abril de 2008 será a data límite, para que tódalas institucións comecen a empregar software de código aberto.

Esta medida implica, que todas aquelas organizacións que empreguen software comercial, deberán xustificalo. O goberno holandés calcula aforrar en licenzas de software, 5,9 millóns de euros ao ano.

 

Fonte:http://www.elpais.com/articulo/internet/administracion/holandesa/usara/norma/software/codigo/abierto/elpeputec/20071214elpepunet_4/Tes

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal