O Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza aprobou unha declaración institucional sobre “Software Libre e de fontes abertas” na cal defende que o uso do Software Libre achega “independencia e interoperabilidade” para o funcionamento dos sistemas de información.
A devandita universidade aposta por “fomentar e desenvolver” o Software Libre como filosofía na comunidade universitaria, xa que “responde a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo en colaboración”. A institución académica destaca que o seu uso lle garante á Universidade “a independencia tecnolóxica fronte a terceiros”, así como amplas posibilidades de colaboración e de desenvolvemento con outros axentes…
Alén diso, a entidade académica aragonesa poderá empregar “un programa específico xa desenvolvido por outras persoas ao dipor do código fonte e ao ter a capacidade para o analizar, modificalo, redistribuilo e executalo, en cantos ordenadores desexar”. Ademais, a universidade aragonesa formula a creación dunha oficina técnica de software libre como punto de referencia, de información e de coordinación, e a posta en marcha dun servidor de aplicacións baseado en programas de fonte aberta.
Ligazón:
http://www.canalsur.es/
