Ao creador de Linux, Linus Torvalds, continúa sen convencerlle a GPLv3

Linus Torvalds non está realmente convencido de que a terceira versión da Licenza Pública Xeral (GPLv3) sexa unha boa nova mais, desta vez, cando menos, vea cunha opinión algo máis favorable. “Sigo pensando que a 2.ª versión da LPX (GPLv2) é, simplemente, a mellor licenza” asegurou Torvalds nunha mensaxe a unha listaxe de correo a desenvolvedores do núcleo. O núcleo (ou “kernel”) é a base do sistema operativo, o que permite que este funcione, porén non o é todo; estímase que o 80% dos proxectos de Software Libre están baixo a LPX…

 
Os desacordos de Torvalds coa 3.ª versión da LPX foron mInguando estes últimos meses coas sucesivas revisións, mais agora que nos atopamos fronte a última, segue a ter a súas reservas: “Impresionoume o feito de que o último borrador non é mellor que os desastrosos borradores anteriores” comentou.

Linus tamén descartou a hipótese de que o núcleo usase unha licenza dual e permitirlles aos usuarios e aos distribuidores escoller entre a 2.ª e a 3.º versión da LPX, ao describilo como “indesexáble e tecnicamente complicado” mais, cando menos, posíble “en teoría”.

De momento ningún dos principais distribuidores se apoiou a 3.ª versión da LPX, aínda que non saíu de forma oficial. Sun, unha das que máis apoio deu, deixou entrever que poderían escoller esta licenza para o seu próximo sistema operativo Solaris.

Ao lle preguntar pola posibilidade de que Solaris tivese a 3.ª versión de LPX, Torvalds comentou que non cría que esta versión fose tan boa como a segunda mais, por outro lado, se fose posíble ter dous núcleos con dúas licenzas diferentes sen ningún tipo de fricción entre elas, a elección da terceira versión sería lóxica. “En todo o caso, non vexo motivo para a adoptar”, salientou. A 3.ª versión da LPX está xa na súa fase final e está previsto que a versión se publique a finais deste mes.
 
Ligazón á nova orixinal:
http://es.theinquirer.net/2007/06/12/a_torvalds_sigue_sin_convencer.html
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal