Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A Universidade de Santiago de Compostela recibiu o premio Eganet á Mellor Tecnoloxía de Código Aberto do ano 2006 polo súa ferramenta E-sicus. É unha aplicación de xestión económica centrada na xestión do orzamento desenvolvida pola empresa coruñesa Igalia.
Algunhas das vantaxes de e-Sicus son: facilitar o acceso ós usuarios por que, o ser unha aplicación web, poden manexala a través do navegador, amplia as funcionalidades como a xestión de multipartidas, a conta de anticipos ou a folla de petición electrónica, e ademais reduce costos de mantenemento. A implantación definitiva desta aplicación está prevista para maio de 2007.
