A XIII Arroutada Party contará cun apartado sobre Linux e Software Libre

Do 1 ao 5 novembro poderase disfrutar na Coruña da XIII Arroutada Party , unha grande maratón informático no que os asistentes terán a súa disposición unha rede dun giga. O evento contará cunha sección sobre Linux e Software Libre que contará coa participación de GPUL o que supón un bo xeito de achegar o Software Libre á xente.

No encontro intercambiaranse coñecementos, amosaranse as potencialidades de GNU/Linux aos non iniciados e desenvolveranse unha serie de actividades entre as que cabe salientar os concursos de demos en Linux, de creación de scripts en Script Bash, de batallas de robots co RealTimeBattle e de videoxogos coma BZFlag, Armagetron ou XBomber.

A inscrición vale entre 20 e 30 euros e prevese a participación de máis de 500 persoas.  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal